Saltar ao contido principal

A CIG ESIXE QUE SE NEGOCIE CON TODAS AS CENTRAIS A REFORMA DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Tras as recentes sentenzas e, en espera de dúas máis que se agarda que saian en breve, a CIG solicita que se convoque urxentemente unha mesa de negociación de Xustiza co obxectivo de reformar o sistema de traxectoria para que cumpra coa legalidade, tal e como esixe o TSXG, contemplando o dereito do persoal interino e eliminando as diferenzas entre corpos no sistema de pagamento, posibilitando así que se abra, á maior brevidade posible, o procedemento ordinario de recoñecemento da carreira profesional para o persoal que non puido exercer o seu dereito a través da convocatoria extraordinaria e o procedemento extraordinario para o acceso ao grao II.

Por iso tamén é preciso que a Xunta non recorra a sentenza en casación, dado que o Supremo xa fallou en contra de acordos de carreira profesional que excluían a interinos e temporais nas Illes Balears e en Catalunya, e evite así dilacións e custes indebidos.

  • A CARREIRA/TRAXECTORIA PROFESIONAL É UN DEREITO

  • COMO TAL DEREITO, DEBE SER PARA TOD@S

  • A CIG NUNCA VAI ASINAR ACORDOS A SABENDAS DA SÚA ILEGALIDADE

  • A CIG REXEITA A CONFRONTACIÓN ENTRE COMPAÑEIR@S

  • A CIG NON PON PAUS NAS RODAS, SENÓN QUE ESIXE LEGALIDADE E SOLUCIÓNS

CONTRA AS MENTIRAS DE UGT, INFORMACIÓN

Nun tempo no que as trolas, as famosas “fake news”, nos invaden dende todos os ámbitos, tamén no sindical, queremos expor de xeito claro o que a sentenza do TSXG, recoñecendo o dereito do persoal interino a cobrar a traxectoria profesional, supón para tod@s. Aí vai o noso 

FACT CHECK ( en galego, TROLADAS FÓRA) 

1. A CARREIRA/TRAXECTORIA PROFESIONAL É UN DEREITO 

O art.14 do EBEP do ano 2015 establece o seguinte: “Os empregados públicos teñen os seguintes dereitos de carácter individual en correspondencia coa natureza xurídica da súa relación de servizo: c) Á progresión na carreira profesional e a promoción interna segundo os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade mediante a implantación de sistemas obxectivos e transparentes de avaliación”. Non é nada que teñamos grazas a ninguén en concreto, senón á loita que todas e todos levamos feito dende hai tempo para conseguir a mellora das nosas condicións de traballo. En concreto, grazas a tres meses de folga . Porque o sistema de carreira profesional e as consecuencias económicas derivadas dela están incluídas no concepto de condicións de traballo, como recollen as directivas europeas e a xurisprudencia. Polo tanto, é un dereito, e ninguén nos pode privar do seu cobro sen incorrer en responsabilidades. Ademais, a sentenza do TSXG non anula toda a orde senón só as bases 1ª e 5ª, que considera ilegais no que atinxe a non inclusión do persoal interino en ditas bases. Polo tanto, non bota abaixo a traxectoria (que sería imposible xuridicamente) senón os aspectos discriminatorios que existen no seu desenvolvemento. 

2. COMO TAL DEREITO, DEBE SER PARA TOD@S 

O art 14 da Constitución establece o principio de igualdade ante a Lei. O art. 16.2 do EBEP di: “ A carreira profesional é o conxunto ordenado de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade”.

É por iso polo que na sentenza gañada pola CIG, @s maxistrad@s do TSXG din:
“Efectivamente la Sentencia de la Sala Segunda del Tribunal de Justicia de la Unión Europea de 8 de septiembre de 2.011 (asunto C-177/2010), al resolver una cuestión prejudicial en torno a la Directiva 1999/70/CE, exige que se excluya toda diferencia de trato entre los funcionarios de carrera y los funcionarios interinos comparables de un Estado miembro basada en el mero hecho de que éstos tienen una relación de servicio de duración determinada, a menos que razones objetivas justifiquen un trato diferente. Es decir, podría establecerse un trato diferente en aquellos casos en los que se justificase la existencia de razones objetivas que justificasen esa diferencia. Pero en el presente caso, de las propias alegaciones de la Administración demandada se concluye que la única razón existente en el presente caso es la diferencia de la duración del vínculo. La propia Administración, en un hábil juego de palabras, quiere hacer ver que se trata, no de una exclusión, sino de una mera falta de mención de los funcionarios interinos, y al tiempo manifiesta que en breve se dictará un sistema de acceso a la carrera propio del personal interino. Pese a que se diga falta de mención se trata, en definitiva, de exclusión, y además esas alegaciones no constituyen causas objetivas que justifiquen esa diferencia de trato. Ello determina que la Orden impugnada, incurra en causa de nulidad, al establecer entre ambos colectivos una diferencia no justificada”.
Tanto a Administración como os sindicatos asinantes sabían que se estaba a vulnerar un principio básico constitucional, empregando ese “hábil xogo de palabras” no que insisten nos seus panfletos incendiarios e troleiros, facéndolle o xogo á Xunta.
Esta sentenza non é única, senón que existen outras derivadas de demandas individuais que tamén poñen de manifesto a ilegalidade do acordo. Unha delas é incluso firme a espera da execución.

3. A CIG NUNCA VAI ASINAR ACORDOS A SABENDAS DA SÚA ILEGALIDADE

Como ben di UGT, xa era sabido que ese acordo non cumpría coa normativa, e por iso a CIG non o asinou, ademais de porque era ir contra a vontade manifestada polos traballadores e traballadoras na consulta efectuada. Igual habería que preguntar a este sindicato a instancias de quen se solicitou introducir, no ano 2018, a reforma do artigo 519.3 da LOPX.
A CIG asinará un acordo sobre a traxectoria no que non se deixe a ninguén fóra dende un principio e non se discrimine por corpos á hora de acadar o cen por cen de cada tramo.

4. A CIG REXEITA A CONFRONTACIÓN ENTRE COMPAÑEIR@S

En vez de porse encarnados pola desfeita provocada, a UGT busca a confrontación entre o persoal interino e o titular, con mentiras e manipulacións . É o que sabe facer e ao que se adica ultimamente, ademais de a difamar a esta central sindical e aos seus delegados e delegadas. Mellor nos sería a todas se buscase solucións en vez de atrancos.

5. A CIG NON PON PAUS NAS RODAS, SENÓN QUE ESIXE LEGALIDADE E
SOLUCIÓNS

Ante esta situación, a CIG esixe:

- Que dado que o Supremo xa fallou en contra de acordos de carreira profesional que excluían a interinos e temporais nas Illes Balears e en Catalunya, que a Xunta evite dilacións e gastos indebidos recorrendo a sentenza en casación.

- Que se convoque unha mesa de negociación con todas as centrais sindicais para redactar unhas novas bases 1ª e 5ª que cumpran coa legalidade. Non vaia ser que, por excluírnos, nos vexamos na obriga de volver a recorrelas ante os tribunais.

Para concluír, a CIG ten por obxectivo a defensa de todos e todas as traballadoras por igual, o que parece que molesta a algún pseudo-sindicato colaboracionista que non quere que saian á luz as súas merdas e por iso nos ataca. Ou quizais tamén queira desviar a atención e que non se pregunte polo incremento do CAT por eles prometido para este ano….Ou tamén temos nós a culpa??

Como reflexión final, alguén pode crer que se non se tiveran feito as reclamacións xudiciais o persoal interino tería dereito a cobrar a traxectoria profesional en igualdade de condicións que o persoal titular?

Ligazón escrito presentado DXX:

https://drive.google.com/file/d/1h08Z11K0yIGNPXghoQpvdaKYOYEfHQ9C/view?usp=sharing

Ligazón nota informativa:

https://drive.google.com/file/d/1nPUCC91pint4EoiyPL5oXnjg8xT1aeor/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr