Saltar ao contido principal

ACORDO DO TRIBUNAL ÚNICO DE AUXILIO - RELACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS

ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR  UNICO DO PROCESO SELECTIVO PARA INGRESO POLO SISTEMA XERAL DE ACCESO LIBRE NO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL, CONVOCADO POR ORDE  JUS/60/2020, DO 15 DE XANEIRO.


En Madrid, ao 23 de novembro de 2021, reunidos os compoñentes do Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para cubrir prazas de Auxilio Xudicial, adoptan os seguintes Acordos:
PRIMEIRO:
Publicar no Anexo I, relación provisional de méritos da fase de concurso dos aspirantes que superaron a fase de oposición, segundo o establecido na Base 7.4 da Orde de Convocatoria, unha vez cargados de oficio os méritos indicados nos apartados A,  C, e D, do anexo I- B, fase de concurso e valorados os do apartado  C, achegados polos opositores, con indicación da puntuación obtida en cada apartado e o total da devandita fase de concurso.
SEGUNDO:
Os aspirantes dispoñerán dun prazo de dez días hábiles a contar desde o día 25 de novembro ao 10 de decembro de 2021, ambos os incluídos para facer as alegacións pertinentes.
TERCEIRO:
As alegacións presentaranse a través dun  aplicativo informático, no que poderán acceder pulsado na ligazón de abaixo
CUARTO:
Publicar os criterios de valoración específicos para a Fase de concurso,
QUINTO:
Finalizado devandito prazo e vistas e resoltas as alegacións, o Tribunal Cualificador Único, publicará a relación coa valoración definitiva da fase de concurso.


A PRESIDENTA DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO. - Beatriz López Pesqueira

Ligazón aplicativo de alegacións:

Ligazón manual aplicativo alegacións:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Manual%20usuario%20alegaciones.pdf

Ligazón Acordo:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%20provisional%20fase%20de%20concurso.pdf

Ligazón Anexo méritos:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20I%20Relaci%C3%B3n%20provisional%20fase%20de%20concurso.pdf

Ligazón criterios de baremación:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Criterios%20de%20valoraci%C3%B3n%20fase%20de%20concurso%20Auxilio%20Judicial.pdf

 

 

Comentarios

  1. Hai cotancia de que no concurso de méritos de auxilio xuducisl, non só puntuóuse mal tabti por defecto como por exceso debe exisirxe unha corrección nova así como exixir responsabilidade ao tribunal

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".