Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS AO CORPO DE LAX

A semana pasada tivo lugar, por videoconferencia, unha mesa de negociación co Ministerio para abordar os textos da orde de convocatoria e do programa de acceso que nos foran remitidos semanas atrás.
Este sindicato reiterou as alegacións xa enviadas por correo electrónico, entre outras:
- a posibilidade de participar en ambas quendas (libre e interna)
- a realización do primeiro exame na sede do TSX de domicilio d@ opositor/a
- incremento de tempo de realización para as preguntas de reserva
- a posibilidade de alterar a orde de exposición dos temas.
- publicación, en ambas quendas, da distribución do número de preguntas por materias.
Asimesmo, incidimos na necesidade de cambiar o sistema de acceso, sobre todo na promoción, de xeito que se garanta a cobertura de todas as prazas ofertadas e que se eliminen temas xa esixidos para o acceso ao corpo de xestión.
Pola súa banda, o Ministerio afirmou que ía estudar as alegacións presentadas, estando disposto a asumir aquelas que considere “factibles”.
Sobre o cambio de sistema, manifestou que, de cara ao 2030, se está a traballar nunha remodelación de todo o sistema de acceso á función pública, que elimine os exames meramente memorísticos para o acceso aos grupos "A", substituíndoos por exames prácticos, razón pola que non pensa modificar nada substancial nas dúas vindeiras convocatorias de LAX.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1fphvIRYpVhixqGsueBgsNb_-imrJO2Et/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".