Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - VIGO

Identificador da oferta:

12/2022/5773
Detalles:
Un posto de Auxilio Xudicial (C2) para a localidade de Vigo. Requisitos nivel formativo: Graduado Escolar/ESO ou superior. Ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: A) Superación de exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (código 39). B) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da Administración de Xustiza: Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición en Emprego Galicia. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completarase, ordenadas pola súa data de inscrición en Emprego Galicia, coas candidaturas que teñan acreditado o requisito de experiencia (40) e posteriormente coas candidaturas que teñan acreditado a superación de exames (39).
Cargo:
AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".