Identificador da oferta:
- 12/2022/5087
- Detalles:
- Un posto de Auxilio Xudicial (C2) para a localidade de Santiago de Compostela. Requisitos nivel formativo: ESO ou equivalente. Ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: A) Superación de exame nas oposicións ás categorías de Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza dende o ano 2008. (código 39). B) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da administración de xustiza: Xestión Procesual, Tramitación Procesual ou Auxilio Xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición en Emprego Galicia. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completarase, ordenadas pola súa data de inscrición en Emprego Galicia, coas candidaturas que teñan acreditado o requisito de experiencia (40) e posteriormente coas candidaturas que teñan acreditado a superación de exames (39).
- Cargo:
- AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS
Comentarios
Publicar un comentario