Saltar ao contido principal

OS XULGADOS DE CANGAS NOVAMENTE CON TEMPERATURAS ELEVADAS POR NON REPARARSE O AACC

A CIG ven de denunciar ante a xefatura territorial da Consellería de Vicepresidencia, Xustiza e Turismo o problema que todos os anos están a sufrir nos xulgados de Cangas co aire acondicionado do edificio xudicial, pola ineficaz xestión realizada por dita xefatura territorial e da empresa de mantemento, que resultan incapaces de solucionar o problema existente na maquinaria do aire acondicionado.  A semana pasada rexistráronse temperaturas elevadas na provincia de Pontevedra, o que provocou que no edificio xudicial de Cangas a temperatura superara a recomendada pola lexislación laboral para unas dependencias administrativas, sen que se solucionara o problema da avaría do AACC nin se adoptaran medidas preventivas como a suspensión do traballo mentras as temperaturas seguiran sendo tan altas.

Ligazón "La Voz de Galicia":

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2022/05/27/funcionaron-juzgados-cangas-30-grados-sufren-estres-termico/00031653651803162389730.htm

Ligazón "Faro de Vigo":

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2022/05/28/cig-denuncia-xunta-altas-temperaturas-66624377.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".