A Dirección Xeral de Xustiza, nun alarde de destreza xurídica e empregando un tempo prudencial para facelo (algo así como 24 horas), procedeu a traducir ao galego os servizos mínimos presenciais decretados polo Ministerio de Xustiza. Está moi ben que empreguemos o galego nas nosas normativas, faltaría máis, pero coa soa lectura da norma dictada polo Ministerio de Xustiza, calquera podería deducir que as Comunidades Autónomas non aparecían por ningún lado no desenvolvemento da mesma, máis aló da súa participación na comisión correspondente, dado que o Ministerio delegaba aquel nos Secretarios de Goberno e Coodinadores e, por ende, nas Letradas/os Xudiciais, non deixando marxe de manobra ningún ás citadas Comunidades Autónomas. Para o voso interese e, a fin de que sigades practicando o noso idioma, na ligazón vos deixamos o texto da resolución autonómica.
Ligazón Resolución Xunta novos servizos presenciais:
Comentarios
Publicar un comentario