Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN BREVE SOBRE O VINDEIRO REAL DECRETO DE MEDIDAS URXENTES NA ADMÓN. DE XUSTIZA

Quitando o alarmismo que parece que algúns están a transmitir na súa información (non se sabe se por descoñecemento ou por incompetencia), debe matizarse que, efectivamente, tal e como se nos comunicou na pasada videoconferencia cos responsables ministeriais, era intención de dito equipo levar ao vindeiro Consello de Ministros do próximo martes, a norma que ia implementar tres medidas que terían influencia no desescalamento e a reincorporación do persoal da Administración de Xustiza aos seus postos de traballo, coas garantías suficientes para evitar os posibles contaxios, respectando o distaciamento necesario entre os traballadores de cada centro. Esas medidas xerais xa están explicadas na nota informativa publicada no día de onte. Agora ben, parte desas medidas, que se fixarán como normativa básica para todo o territorio Español (sobre todo o do horario voluntario pola tarde e a posibilidade de mobilidade entre órganos da mesma xurisdicción e localidade), están pendentes dunha negociación posterior, tal e como se comprometeu o propio Ministro e o seu equipo. Polo tanto, nos seguintes días á publicación da norma no BOE, celebraranse as correspondentes xuntanzas por videoconferencia e se trasladarán as alegacións pertinentes a fin de regular polo miudo e desenvolver a dita norma básica, para adaptala as circunstancias dos órganos xudiciais nos vindeiros 3-4 meses, tendo en conta ademáis que, algunha desas medidas terá que ser, no seu caso, a última en adoptarse, habéndose agotado a aplicación doutras anteriores, tales como a potenciaciación do teletraballo, o traballo voluntario en quedas de tarde, etc.

Comentarios

  1. De todos modos. Viendo como habeis influido todos los sindicatos en las regulaciones esta ignorante funcionaria piensa, q dice el ministerio

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. María, os sindicatos non temos o poder de impoñer un criterio (cousa que, por outro lado, tampouco sería bo) se non que temos a posibilidade de negociar e intentar convencer e conseguir que as nosas alegacións e suxestións sexan tidas en conta pola administración. Ainda que a administración non soe ser todo o receptiva que debera, sorprenderíache ver en moitas ocasións como cambia un proxecto dende que se nos traslada para a súa negociación ata que se acaba a mesma. Todo depende do poder de convicción que teñas e do receptiva que sexa a adminsitración aos cambios suxeridos. Neste tema intentaremos que a administración desenvolva os tres puntos do xeito más acaído para as traballadoras/es, tendo en conta que é imposible satisfacer a todo o mundo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".