Saltar ao contido principal

MODIFICACIÓN NA REGULACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS

Grazas á contundencia das alegacións presentadas pola CIG na mesa sectorial do 24 de outubro, amparadas na lexislación vixente (LOPX e Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción do Persoal Funcionario ó Servizo da Administración de Xustiza) a DXX ven de remitir unha proposta de modificación da Resolución do 7 de maio de 2008, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ó servizo da Administración de Xustiza eliminando dunha vez por todas a grave discriminación, que por enfermar quince días, afectaba ás persoas en substitución.


A outra cara da moeda é que a administración quere penalizar a aquelas persoas que, unha vez adxudicada unha substitución, renuncien a ela.


A proposta de redacción do novo artigo 7 da Resolución sería:


Artigo 7. Duración das substitucións e cesamento do substituto.

1. A substitución concederase por un período mínimo de seis meses, sen prexuízo do cesamento do substituto finalizará cando se incorpore o/a titular do posto ou remate a causa que motivou a substitución, así como pola renuncia do substituto ou pola falta de desempeño efectivo da substitución durante quince días hábiles, agás no caso de vacacións amortización da praza.

2. Salvo renuncia do interesado, se o cesamento do substituto se producise antes de acadar o un período mínimo de seis meses de desempeño, este poderá facer valer a súa preferencia nas seguintes necesidades de substitución, cando menos ata completar o devandito período mínimo. En todo caso, a renuncia á unha substitución, unha vez adxudicada esta, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano. “


Agora dispomos de cinco días para formular alegacións a esta proposta.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr