Unha representación de CIG-Xustiza compareceu esta mañá en rolda de
prensa, no Parlamento de Galiza, xunto cos portavoces en materia de
xustiza do BNG e En Marea, Luís Bará e Luís Villares, para demandar que a
Xunta de Galiza –que é a única das administracións que faltan por
facelo- emita o informe necesario para a modificación do sistema de
gardas dos partidos xudiciais de Vigo e A Coruña, os únicos con 8
xulgados de instrución do estado español que non teñen gardas de 24
horas.
O CXPX xa acusou recibo do escrito presentado pola CIG e o uniu aos expedientes que neste momento se están a tramitar sobre as solicitudes formuladas polas xuntas de xuíces sectoriais respectivas, co beneplácito do TSXG.
A CIG-Xustiza, xunto con En Marea e o BNG, van presentar, via rexistro, toda esta documentacion, para que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza a teña no seu poder para emitir o informe pertinente, e non poida aducir descoñecemento das mesmas, tal e como o Vicepresidente Sr. Rueda admitiu en sede parlamentaria.
Ligazón acuse de recibo CXPX:
Comentarios
Publicar un comentario