Onte, xoves día 24, celebrouse
unha Mesa Sectorial para continuar coa nova regulación das comisións de servizo
e as substitucións, suspendida dende o ano 2017. Con caracter previo a Administración
facilitou ás organizacións sindicais uns borradores aos que a CIG fixo unha emenda total porque,
ao noso entender, contradín o establecido no Regulamento de ingreso.
Somos as primeiras en entender
a necesidade de darlle unha nova regulación a esas dúas figuras, sobre todo
para facilitar a mobilidade dentro do mesmo corpo, pero é a nosa
responsabilidade facelo respectando a normativa estatal e evitar que teñamos
que ir modificándoas no futuro a golpe de sentenza, como pasou coa orde de
substitucións vixente.
Para a CIG, o Regulamento de
ingreso deixa claro que:
1.- só as prazas vacantes poden
ser cubertas en comisión de servizo (art. 73.1)
2.- as comisións de servizo
están contempladas para cando non se poda cubrir a praza por medios ordinarios ou
extraordinarios de provisión ( art. 73.3), polo que parece establecer unha
prevalencia das substitucións sobre as comisións.
Tendo isto en conta,
solicitamos que remitan os borradores ao departamento xurídico para que emita
informe sobre estas cuestións e se acheguen uns textos dunha legalidade menos
cuestionable que os actuais.
Ademais, a CIG presentará
alegacións por escrito acerca doutras cuestións:
-
Dado que o regulamento contempla que as
substitucións cesarán cando se incorpore o titular ou cese a causa que a
motivou, entendemos que non se pode establecer o cesamento por falta de
desempeño efectivo superior aos 15 días.
-
A regulación das circunstancias especiais agora
contemplada na regulamentación das comisións debe saír de aí e prantexarse doutro
xeito, sempre no ámbito do Comité de Seguridade e Saúde. Asimesmo, debe
incluirse o acoso sexual e a conciliación do persoal destinado fora de Galiza
con fillos e fillas menores de idade residentes no noso país.
-
Distinta regulación para as atribucións de
funcións do corpo de auxilio, contemplando o pagamento de todas as efectuadas.
Creación de novas prazas: con
respecto a este particular a DX anunciou que se ofertarán as 28 prazas novas a
comisión de servizos
Comentarios
Publicar un comentario