Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2020 pola que se
convocan as actividades formativas que compoñen o *Plan formativo
ofimático de Galicia* para o persoal ao servizo da Administración
pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da
Administración institucional de Galicia, da *Administración de
xustiza,* das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das
universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse median-te o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, 22 de febreiro, e ata as 23.55 horas da data de finalización, 5 de marzo. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario