Saltar ao contido principal

INSTRUCIÓN RELATIVA AO CONCURSO DE TRASLADOS

O vindeiro 18 de febreiro publicarase no BOE e mais no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante Resolución do 25 de xullo de 2019.
Conforme a referida resolución, dítanse as seguintes instrucións:
1.- Cesamentos
 Tramitación procesual e administrativa: 21 de febreiro de 2020.
 Xestión procesual e administrativa e mais auxilio xudicial: 25 de febreiro de
2020.
2.- Tomas de posesión
O persoal adxudicatario de prazas na mesma localidade onde presta servizos disporád 3 días hábiles para a súa incorporación ao novo destino e de 8 días se hai cambio de localidade, e de 20 días hábiles ou un mes segundo a comunidade de procedencia.
Os prazos empezarán a contar dende o día seguinte á data do cesamento.
No caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivo destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle nese momento o seu respectivo prazo posesorio.
3.- Formalización dos cesamentos e tomas de posesión.
Tanto os cesamentos coma as tomas de posesión realizaranse na xefatura ou
delegación territorial correspondente:

Xefatura Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,
Edificio Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Tfno. 981184472/981184456

Xefatura Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Tfno. 982294308/982294360

Xefatura Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Tfno. 988386408

Delegación Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201 Vigo (Pontevedra).
Tfno. 986817716/986817788

Por cuestión organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 horas, mentres que a dos cesamentos se realizará entre as 11.30 e as 14.00 horas, de luns a venres.
No caso de ter que cesar nunha localidade na que o día 25 de febreiro sexa festivo, o funcionario cesará no día seguinte hábil.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade, ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.

4.- Substitucións e comisións de servizo
1. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e que está
desempeñando unha substitución en órganos desta comunidade autónoma poderá continuar na substitución ata que se incorpore (de forma efectiva) a persoa titular do posto ou finalice a causa que motivou a substitución, sempre que así o solicite previamente.
A dita solicitude deberá dirixirse por correo electrónico á Dirección Xeral de Xustiza
(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) dentro dos tres días seguintes á publicación na intranet da presente instrución, conforme o modelo anexo.
2. O persoal funcionario titular que obtivo praza no concurso e que está
desempeñando unha comisión de servizos en órganos desta comunidade autónoma
poderá continuar na comisión de servizos na correspondente praza, sempre que así o
solicite previamente no caso de que esta non fora adxudicada no concurso de
traslados.
A dita solicitude deberá dirixirse por correo electrónico á Dirección Xeral de Xustiza
(servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) dentro dos tres días seguintes á publicación na
intranet desta instrución, conforme o modelo anexo.
3. Exceptúase da posibilidade de permanencia na substitución ou comisión de servizos
o persoal que obtivera unha praza no concurso de traslados como consecuencia do
reingreso no correspondente corpo.
4. Ao persoal adxudicatario dunha praza no concurso que opte por continuar na
substitución ou comisión de servizo non lle será de aplicación o prazo posesorio
previsto no punto 2.
5.- Persoal interino
O persoal funcionario interino que ocupe unha praza que fose adxudicada no concurso cesará de conformidade co previsto no artigo 21 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. De haber máis dun funcionario interino no mesmo órgano, o cesamento producirase aplicando os criterios de cesamento fixados no mesmo artigo.
6.- Goce de vacacións, permisos e licenzas.
O persoal que obteña praza no concurso e se atope gozando de vacacións, permisos ou licenzas cesará o primeiro día natural tras o seu desfrute. Así mesmo, aqueles funcionarios que teñan concedido un permiso ou licenza pendente de gozar deberán solicitalo de novo no destino adxudicado.

Ligazón Instrución:

Ligazón Anexo solicitude continuidade posto:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr