Saltar ao contido principal

CONVOCADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A ORDE JUS/394/2020

Como se dunha milagre de Saturnalia se tratase, digna dunha investigación de Iker Jimenez en "Cuarto Milenio" e, grazas exclusivamente aos nosos compañeiros de SPJ-USO (deben ser os únicos con correo electrónico neste momento), a Dirección Xeral de Xustiza tivo a ben  convocarnos a unha xuntanza INFORMATIVA sobre as medidas adoptadas polo Ministerio de Xustiza na Orde JUS/394/2020, de 8 de maio.
Desde a CIG solicitamos (a ver se temos sorte e chega o correo electrónico),  que a reunión non sexa só a efectos informativos, senón que sirva para iniciar desde xa a negociación das adaptacións, ao noso territorio, das condicións de traballo recollidas na citada orde. Entendemos que, a día de hoxe, todas as OO.SS. sabemos cales son os efectos da orde publicada no BOE (nós, ao igual que o resto de organizacións sindicais, agas SPJ-USO e CUT, estivemos presentes na negociación), polo que a información debe dar paso a iniciar, na mesma reunión, o proceso de negociación antes indicado, como  así o sinala a propia orde para as CC.AA. con competencias transferidas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".