Saltar ao contido principal

GUIA DE MEDIDAS ESPECÍFICAS DE SEGURIDADE LABORAL PARA OS IMELGAS

O Ministerio de Xustiza trasladounos hoxe a Resolución de medidas específicas de seguridade laboral durante a pandemia COVID- 19 para os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses e o Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, e para outras actividades de risco ou baixo risco na Administración dea Xustiza.
Unha vez máis o Ministerio deixa escapar unha oportunidade para que, dunha vez por todas, se empezara a poñer en valor a función realizada polas/os Medicos Forenses e o persoal auxiliar dos IMELGAS. Como na outra guia de saúde laboral (a do persoal dos corpos xerais) nótanse moitas carencias e sobre todo falta de compromiso para afrontar unha situación que debería de marcar un punto de inflexión para mudar o funcionamento da Administración de Xustiza. Esta guia adolece de decisións valientes por parte do Ministerio, implicando ás comunidades autónomas nas mesmas, a fin de por en valor a función das/os traballadores que prestan o seu servizo nos IMELGAS. Non hai un verdadeiro compromiso de que as cousas melloren e, ainda que este documento é só unha guia de saude laboral, si debería de reflectir máis obrigas que recomendacións para as administracións involucradas na Administración de Xustiza, porque se neste momento non empezamos a cimentar ben o funcionamento dos IMELGAS mal se vai poder facer algo diferente no futuro, e mudar esas inercias que hai na Administración de Xustiza, que fan que todo siga funcionando, ainda que máis pola vontade das traballadoras/es que pola labor e empeño da administración.

Ligazón Resolución Ministerio:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".