Saltar ao contido principal

HORARIO NA FASE 1 DA DESESCALADA - IMOS FACER MAÍS HORAS QUE NA FASE 2

Esta é a contestación da administración autonómica: "Ante as numerosas consultas formuladas sobre o establecido no apartado 5 referente ao horario da Resolución de 11/05/2020 aclárase que, por horario ordinario debe entenderse o establecido no artigo 4 da Orde de 18 de xuño de 2014". En consecuencia, se se aplica o establecido na citada Orde, o horario sería de 6 horas fixas e 1 hora flexible.
Curiosamente esta mesma Orde de 18 de xuño de 2014 estaba tamén vixente cando se ditou a Resolución de 24 de marzo de 2020 onde se indicaba que o horario era de 5 horas, de 9:00 a 14:00 horas, mentras durara o estado de alarma e, nesa resolución, non se supendía temporalmente a aplicación de dita Orde. A Resolución de 24 de marzo de 2020 tampouco está derrogada pola actual Resolución de 11 de maio de 2020.
O que tamén resulta sorprendente e que con esta decisión imos facer máis horas na fase 1 que na fase 2 cando polo principio de cautela deberiamos estar menos tempo nos xulgados nesta primeira fase.
En fin, aínda que pareza inútil (esta fase 1 ten unha duración moi limitada no tempo) intentaremos ver a posibilidade de recorrer a Resolución de 11/05/2020.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".