Saltar ao contido principal

RECEITA ELECTRÓNICA PARA MUTUALISTAS ADSCRITOS AO SERGAS...AGORA SI

A pesares do comunicado verquido semanas atraś pola MUXEXU sobre o acordo temporal alcanzado co SERGAS para a expedición de receitas electrónicas para aquelas/es mutualistas que tiveran ao mesmo como entidade médica, o certo é que ata o 4 de maio, momento no que a CIG contacta tanto coa MUXEXU como co Subdirector de Farmacia do Sergas, D. Jesús Manuel Balea, por este se nos comunica e confirma que MUXEXU non contactou con eles ata este momento, de ahí que houbera problemas na dispensación das receitas nas oficinas de farmacia. Neste momento, segundo o citado subdirector, xa se cursaron as comunicacións e ordes oportunas tanto aos servizos médicos como ao colexio de farmacéuticos para que non haxa problema na dispensación de medicamentos por este sistema. Debe terse en conta que esta situación e provisional e por iso a/o mutualista debe de acudir á farmacia co seu talonario de receitas, para que ali se cubra o código correspondente á receita electrónica prescrita polo facultativo correspondente.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".