Saltar ao contido principal

ACTUALIDADE RECEITA ELECTRÓNICA EN GALIZA - MOITOS IMPLICADOS NO PROXECTO

1) Segundo conversas mantidas co Subdirector de Farmacia do Sergas polo mesmo se nos indicou "A nosa parte técnica (informática de e-receita ) é funcional e está lista. Poderiamos empezar sen problema. Agora están os colexios farmacéuticos en fase de probas dos seus sistemas informáticos de xestión e negociando coas mutualidades como van facer a facturación, como recoller os cupóns precintos etc.. E dicir, nós temos os deberes feitos, agora terán que apurar os xestores das mutualidades e os colexios farmacéuticos. (terían que ter isto resolto en mes e medio como moito).

2) Postos en comunicacións cos colexiós farmacéuticos polo Colexio de Farmacéuticos de Galiza se nos indica o seguinte: "A receita electrónica das Mutalidades ten dous desenvolvementos: un relativo aos mutualistas que reciben a prestación médica a través do SERGAS, e outro referente aos mutualistas que reciben a prestación médica privada. Nos dous casos, a prestación farmacéutica na actualidade se realiza en formato papel dispensando as mesmas a través das oficinas de farmacia de Galicia.

        No referente ó primeiro caso, mutualistas de MUGEJU con prestación médica SERGAS, este organismo comunicou aos colexios o pasado 28 de outubro que o seu sistema estaba dispoñible. A partir desa data, estamos en contacto cos proveedores dos programas informáticos das farmacias para que preparen os sistemas para a dispensación das receitas das Mutalidades. En paralelo, preparamos o noso sistema de facturación para poder realizar a xestión das receitas no novo formato. A data estimada para a finalización desta fase é o mes de decembro, se non existe ningún problema que poida retrasar a súa posta en funcionamento.

Do mesmo xeito, lle trasladamos que a implantación da facturación ás Mutalidades faráse de xeito escalonado, na orde na que se asinaron as adendas aos concertos nacionais, de cara a evitar erros na posta en marcha desta nova receita, comezando pola mutualidade MUFACE, seguindo con ISFAS e, finalmente, con MUGEJU. Por este motivo non lle podemos dar datas para a súa implantación en MUGEJU, xa que depende do funcionamento do sistema coas outras Mutualidades. A experiencia doutras comunidades autónomas dinos que, unha vez se estabilice o sistema con MUFACE, a incorporación das outras Mutalidades debería ser sinxela e áxil.

                  No que respecta á receita electrónica para mutualistas que reciben a prestación             médica privada, a implantación en España aínda se está a facer de xeito gradual. En             diversas comunidades autónomas xa se está a pilotar, pero aínda non está implantado             de maneira xeralizada. Este tipo de receita ten maior dificultade ao non funcionar sobre          a plataforma xa existente do SERGAS, aínda que ten a vantaxe de ser homoxénea para          todo o territorio nacional.Para esta parte, non lle podemos dar, polo de agora, unha                 estimación de tempos".

3) Finalmente puxémonos en contacto coa MUXEXU para saber en que estado de tramitación tiñan eles a receita electrónica para Galiza, e isto foi o que nos contestou a xerencia de dita mutualidade: "...MUGEJU junto con las otras mutualidades de funcionarios tiene el máximo interés en sumarse al sistema de receta electrónica del Servicio Gallego de Salud, tal y como lo viene haciendo en el ámbito de otras Comunidades Autónomas. En el momento actual, MUGEJU no ha recibido comunicación alguna del Servicio Gallego de Salud acerca de este proyecto, no obstante lo cual, nos pondremos en contacto con el mismo, a fin de impulsarlo en el menor tiempo posible. Con respecto a la receta electrónica para para los mutualistas acogidos a entidades médicas privadas, MUGEJU se encuentra trabajando en el desarrollo de este modelo de forma coordinada con MUFACE e ISFAS, pero se trata de un proyecto a más largo plazo, dada la complegidad del os factores implicados en el mismo..."

En conclusión, o SERGAS xa ten todo preparado, os colexios farmacéuticos tamén teñen xa en marcha os protocolos e actualización de programas informáticos  ou, cando menos xa están a traballar niso e, mentras tanto, a nosa Mutualidade ten un descoñecemento absoluto do estado de tramitación do proxecto de é-receita para Galiza. En fin, agardemos que esta chamada de atención que fixemos, faga que as tres partes implicadas se poñan dacordo para que a receita electrónica, a lo menos, chegue antes de final de ano para as/os mutualistas adscritos ao SERGAS.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr