Saltar ao contido principal

HOXE CELEBROUSE O XUÍZO PENAL CONTRA OS COMPAÑEIROS CHELO RODRÍGUEZ E JAVIER FERNÁNDEZ

Hoxe tivo lugar na Coruña o esperpéntico xuízo penal contra a compañeira Chelo Rodríguez e o compañeiro Javier Fernández. Decimos esperpéntico, porque ademais de durar unas tres horas, non formular acusación o Ministerio Fiscal e reclamarse pola letrada como danos causados a súa persoa un sarpullido con motivo do estres provocado ao parecer pola situación vivida (tamén puido salirlle o sarpullido por tomar unha lata de xoubiñas en mal estado) o custe de todo este inútil procedemento  penal vai a ir as arcas da administración e ao peto dos cidadáns, cando o único que se fixo, nun contexto de folga, e tentar facer cumprir os servizos mínimos acordados pola administración. Que os compañeiros sindicalistas advertiran á letrada que estaba a sobrepasar a súa competencia ao designar máis servizos mínimos dos establecidos legalmente ten unha consecuencia penal, mentras que a actitude da letrada ao infrinxir a norma non leva aparellado consecuencia ningunha. Se fai uns días nos faciamos eco, con motivo do contaxio por covid dun órgano xudicial, de que todavía había clases para acordar ou non a corentena e realización de PCR's a todo o persoal do órgano afectado, agora topámonos de novo coa distinta bara de medir ante una situación producida no mesmo contexto, que foi a folga de 2018.

Ligazón nova:

https://www.cig.gal/nova/chelo-rodriguez-e-sorprendente-que-na-propia-administracion-de-xustiza-haxa-que-explicar-cal-e-o-labor-dun-comite-de-folga.html

Comentarios

  1. Para no ser grosero voy a Calificar a la Letrada de ridícula y patética. Por supuesto mi apoyo absoluto a los dos enjuiciados que podríamos ser cualquiera de los que nos dejamos la piel en la huelga. Ánimo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr