No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2021 pola que se convoca o webinario "As liñas vermellas da reforma da función pública".
Data: martes 21 de setembro de 2021.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante
o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/
matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente
o proceso de matriculación.
As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta
actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e despois
seleccionar en nome do curso: Webinario As liñas vermellas da reforma da función pública.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do 14 de setembro de 2021 ata as 23.55 horas do día 16 de setembro de 2021.
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioO150-060921-0001_gl.pdf
Ligazón EGAP:
Comentarios
Publicar un comentario