Saltar ao contido principal

REGULAMENTACIÓN PARA A COBERTURA DE POSTOS EN COMISIÓN DE SERVIZO

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

O persoal que queira participar nas solicitudes de comisión de servizo debe ter en conta estas tres cuestións importantes:

1) Debe de rexistrarse no sistema de notificacións electrónicas da Xunta de Galiza (Notific@). Se non se fai a administración o fará de oficio. https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login. Nestes videotutoriais podedes ver os pasos a seguir para o alta na plataforma Notific@ e como recibir notificacións a través desa plataforma: 

https://www.youtube.com/watch?v=lTj89zFD_lY

https://www.youtube.com/watch?v=5m_qV45e6Ng

2)  En principio o sistema de participación nos procesos de solicitude de comisións de servizos non se realizará a través da OPAX e, polo tanto, debe de facerse directamente a través da sede electrónica da Xunta de Galiza, empregando o formulario de solicitude xenérica PR004A (Disposición Transitoria Única da Resolución de 21 de marzo de 2022).

https://www.youtube.com/watch?v=y_X8o9NVl_s

3) Os equipos informáticos deben levar instalado a ultima versión da aplicación "Autofirma"

https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html


Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220325/AnuncioG0595-210322-0001_gl.pdf

Ligazón Notific@:

https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login

Ligazón solicitude xenérica PR004A:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".