Saltar ao contido principal

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS - 2021

Publicouse no DOG e no BOE a Resolución definitiva do concurso de traslados dos corpos xerais de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial convocado por Resolución de 30 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza.

Para os funcionarios que se atopen en activo ou en servizos especiais e non reingresen en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen se incluíren neste punto os funcionarios que se atopen reingresados provisionalmente, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican: para tramitación procesual e administrativa, o 18 de marzo de 2022, venres; para xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 25 de marzo de 2022, venres. 

• Xefatura Territorial da Coruña (Servizo de Xustiza).

Rúa Vicente Ferrer, 2. Edificio Administrativo Monelos. 15008 A Coruña.

Teléfonos: 981 18 44 72/981 18 44 56.

Correo electrónico: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal

• Xefatura Territorial de Lugo (Servizo de Xustiza).

Rolda da Muralla, nº 70. 27071 Lugo.

Teléfonos: 982 29 43 08/982 29 43 60.

Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.gal

• Xefatura Territorial de Ourense (Servizo de Xustiza).

Paseo de La Habana, nº 79. 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 64 08/988 38 60 28.

Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal

• Delegación Territorial de Vigo (Servizo de Xustiza)

Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar. 36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfonos: 986 81 77 16/986 81 77 88.

Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal

 

Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioG0595-040322-0004_gl.pdf

Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/14/pdfs/BOE-A-2022-3919.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr