Os extraordinarios avances tecnolóxicos dos últimos anos xeraron a irrupción da denominada «intelixencia artificial», que se está a introducir en todos os sectores empresariais, así como na Administración, o que fai necesario abordar a súa regularización. Actualmente estase a tramitar unha proposta da Comisión Europea de Regulamento sobre intelixencia artificial que abordará os seus principais aspectos xurídicos no marco da Unión Europea. Neste curso tratarase o uso que, na actualidade, fai o sector público da intelixencia artificial como soporte para tomar decisións que deben ser obxecto de control e impugnación, analizando particularmente o caso da Administración local. Ademais, abordaranse aspectos relacionados coa propiedade industrial e intelectual, como a titularidade das obras e invencións xeradas pola intelixencia artificial no ámbito da Administración pública.
Datas: 9 e 10 de xuño
Lugar: EGAP, Santiago de Compostela
Matrícula: desde as 8 horas do 4 de xuño ata as 23.55 horas do 7 de xuño na área de matrícula
Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3980
Ficha e programa do curso: https://egap.xunta.gal/fichacurso/index/PU22015
Comentarios
Publicar un comentario