Grazas a unha sentenza da CIG, un interino de Xustiza acaba de cobrar o grao I da traxectoria profesional dende xaneiro de 2020. Achegámosvos como proba, na folla informativa, a primeira parte da nómina. En total uns 2.166,62 euros brutos, sen incluir os xuros.
En días pasados o Tribunal Supremo inadmitiu o recurso da Xunta contra as sentenzas do TSXG que recoñecían o dereito do persoal interino da Administración Autonómica ao cobro desta retribución, tal e como xa avisamos que ocorrería. A intención da Xunta sempre foi exclusivamente dilatoria porque tamén eles sabían que o Supremo ía proceder á inadmisión. Cómpre agora que desista do recurso contra as sentenzas da Administración de Xustiza, que como dixo a CIG nunca debe interpoñer, pero como as custas non as vai pagar quen tomou a decisión senón que as pagaremos tod@s @s galeg@s, non pasará nada.
Nestes momentos a Administración autonómica anda querendo negociar un novo acordo de carreira; dende CIG Xustiza volvemos a solicitar que se abra un proceso de negociación de reforma da traxectoria para que esta recoñeza o dereito de todo o persoal a percibila e elimine as diferenzas entre corpos para acadar os distintos graos. Mentres isto non sucede, debe cumplir co publicado no DOG e abrir de xeito inmediato o grao II.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1-HM5CKu5SiqCrkaBihu9QmD4WDtvxihT/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario