Para
realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que
figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A
seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de
servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer
clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos
seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e
quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar
dentro do prazo establecido. En estado borrado pódese eliminar a
solicitude. Para rematar o proceso debe de achegarse a documentación
pertinente e non esquecerse de facer clic no botón de asinar e presentar
a solicitude, posto que se non se da este último paso a solicitude non
se dará por presentada.
Comentarios
Publicar un comentario