MODIFICACIÓNS DO TEMARIO DAS PROBAS SELECTIVAS DE XESTIÓN E TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OPE 2019
O Ministerio de Xustiza ven de comunicar que o vindeiro venres, 17 de xuño, publicará unha orde pola que se modifican determinados aspectos dos temarios das probas selectivas, por promoción interna, aos corpos de Xestión e Tramitación. Concretamente modificaranse os seguintes temas:
Xestión: Tema 8, 18, 19, 20.
Tramitación: Temas 18 e 19.
Tamén se vai acordar o nomeamento dos tribunais cualificadores e a inhabilidade dos meses de xullo e agosto para a realización das respectivas probas selectivas.
Comentarios
Publicar un comentario