Saltar ao contido principal

CORRECCIÓNS DE ERROS DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS SELECTIVOS E DE ESTABILIZACIÓN 2022

No BOE de hoxe publícanse correccións de erros de varios dos procesos selectivos convocados en decembro do ano pasado.

Orde JUS/107/2023, do 31 de xaneiro, pola que se corrixen erros na Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso por quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso oposición.

Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3389.pdf


Orde JUS/108/2023, do 31 de xaneiro, pola que se corrixen erros na Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso polo sistema xeral de acceso libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3390.pdf


Orde JUS/106/2023, do 30 de xaneiro, pola que se corrixen erros e modifícase a Orde JUS/1287/2022, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao Corpo Nacional de Médicos Forenses.

Ligazón:  https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3388.pdf


Orde JUS/105/2023, do 30 de xaneiro, pola que se corrixen erros na Orde JUS/1323/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso pola quenda libre, ao Corpo Especial de Técnicos Especialistas do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, polo sistema de concurso; e na Orde JUS/1324/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso pola quenda libre, ao Corpo Especial de Técnicos Especialistas do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, polo sistema de concurso-oposición.

Ligazón:  https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3387.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".