Saltar ao contido principal

XUNTANZA COMITÉ DE SAÚDE LABORAL - 24-02-2023

1.PROTOCOLO DE ACOSO
O venres 24 de febreiro reuniuse o Comité de seguridade e saúde laboral para , entre outras cousas, acabar de negociar o protocolo para a prevención, detección actuación e resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración de Xustiza.
Aínda que nas nosas alegacións solicitabamos que se incluísen nel as situacións de acoso sexual e por razón de xénero, a Administración presentou un protocolo no que só se recolle o acoso laboral, comprometéndose a abordar de xeito urxente, non só un protocolo para ese tipo de acoso, senón tamén o plan de igualdade , obrigatorio dende hai uns anos.
No último borrador recóllense boa parte das alegacións efectuadas por este sindicato, como son as medidas de prevención de mediación, un enderezo electrónico para a recollida de denuncias, un comité de intervención ao que van ir dirixidas esas denuncias, a coordinación entre as distintas Administracións. Unha vez asinado o texto final, daráselle publicidade por parte da propia Dirección Xeral para que todo o persoal o coñeza.
 

2.CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO
A Administración manifesta ser coñecedora de case todas as eivas que ten o edificio, ás que está tratando de poñer solución (acústica, teléfonos das salas de vistas, ....). A avaliación de riscos está prevista para o mes de xuño, unha vez que o traslado sexa completo.
Trala dita avaliación a empresa adxudicataria deberá facerse cargo de todas as eivas que aparezan e das que sexan responsables e a administración das restantes.
 

3.RADÓN
A normativa da UE foi trasposta o 20 de decembro de 2022, polo que agora só falta que o consello de Seguridade Nuclear elabore unha listaxe cos Concellos prioritarios. Unha vez feito isto, a Administración deberá decidir de que maneira se farán as medicións e cales serán as medidas a tomar.

4.VARIOS
- Estanse a instalar desfibriladores nos edificios xudiciais; van paulatinamente de maior a menor poboación
- Edificio de A Estrada : modificouse o proxecto e vai todo nun mesmo andar; xa se vai licitar.
- Edificio de Noia: no centro da cidade non se atopa ningún edificio, nin novo nin vello, que reúna os requisitos necesarios para instalar alí os xulgados; estase a valorar a
compra de solares preto do centro de saúde.
- Edificio de Cangas : van revisar o sistema de aire acondicionado, a ver se por fin o mudan.
- Rexistro Civil da Coruña: tamén quedaron de revisar o sistema de aire dado os numerosos fallos que ten. 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1rlrUSsfv2WO6gtF7H4mqq1i9absqReXZ/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr