Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As persoas que desexen inscribirse nestes cursos deberán acceder á páxina web https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición. Se nunca empregaches esta plataforma deberás proceder a crear unha nova conta en https://formacion-lingua.xunta.gal/login/signup.php?
Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes tamén dará lugar á exclusión automática, así como a presentación de solicitudes fóra de prazo.
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles (ata o 3 de marzo), que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0655-010223-0001_gl.pdf
Ligazón plataforma teleformación:
Comentarios
Publicar un comentario