Saltar ao contido principal

RECOÑECEMENTO DO GRAO II TRAS UNHA EXECUCIÓN XUDICIAL DE RECOÑECEMENTO DO GRAO I

En outubro de 2020 unha afiliada interina solicitou o recoñecemento do grao I da traxectoria profesional, tendo que recorrer  vía contenciosa trala desestimación por vía administrativa. O TSXG estimou a súa pretensión en xuño de 2022. 

O pasado mes de novembro procedeuse pola D.X. á apertura do prazo para a solicitude do Grao I para todo o persoal e do Grao II para o de tramitación e auxilio que xa tivese recoñecido o I.  A compañeira solicitou o recoñecemento do Grao I “ad cautelam”, dado que a sentenza aínda non tiña sido executada e era o único que lle permitía realizar a opax e, á vez, o Grao II (por sede electrónica), dado que sería o que lle correspondería de terlle sido recoñecido o Grao I no seu momento. 

En decembro de 2022 recoñéceselle o grao I con efectos económicos do 01.01.2022, séndolle abonados en xaneiro do 2023. Pero este pasado 17 de febreiro a D.X. emitiu unha resolución na que non só substitúe ese recoñecemento outorgando efectos dende o 01.01.2020, dous anos antes, executandose así a sentenza ditada, senón que lle recoñece directamente tamén o Grao II con efectos dende o 01.01.2022.

Todo isto foi grazas ás xestións da CIG, que primeiro instou as reclamacións administrativas e xudiciais en 2020 do grao I, e despois solicitou á D.X. que facilitara o recoñecemento do grao II a aquelas persoas pendentes de sentenza ou execución. De non terse feito así, habería que acudir á base décimo primeira do Acordo que establece que o Grao II se solicitará no prazo dun mes dende a firmeza da sentenza.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1Ynl8IBFYvtvPPz2KwA5hCb9ssxkmUlUw/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".