Ante a solicitude formulada no seu día pola CIG e, aínda que nalgunhas ocasións (sobre todo en plena pandemia) se consentiu a renovación de certificados en remoto, a administración autonómica contestou que, na actualidade non é posible pero que no Departamento de Interoperabilidade e Servizos Dixitais do AMTEGA se está a traballar para o desenvolvemento de procedementos de identificación remota por vídeo, tal e como establece a Orde ETD/465/2021, do 6 de maio. En tanto estes desenvolvementos non sexan aprobados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, é preciso seguir traballando no proceso de identificación, de conformidade coa lei, como se está a facer na actualidade, é dicir, de xeito presencial nos puntos de acreditación electrónica.
Comentarios
Publicar un comentario