Saltar ao contido principal

ALERTA: CHAMADAS FRAUDULENTAS DESDE O NÚMERO 901 400 100

Chamadas fraudulentas procedentes dun número 901 pertencente ao Ministerio Sanidade.

O equipo de resposta ante incidentes do Ministerio de Sanidade alerta sobre un incidente de suplantación de identidade do Ministerio, desde o día 19 de abril de 2022, no que os usuarios particulares están a recibir chamadas desde o número 901 400 100 (número lexítimo do servizo de atención ao cidadán do Ministerio de Sanidade), requirindo unha serie de datos persoais que non se corresponden con calquera xestión administrativa levada a cabo polo Ministerio nin por ningún dos Organismos adscritos.

A oficina de atención ao cidadán do Ministerio de Sanidade informa que non se realizan chamadas, nin se envían mensaxes de texto, desde o número 901 400 100, polo que se roga a todo aquel que o reciba que rexeite calquera chamada procedente dese número e non achegue ningún dato que se solicite.

Ligazón MUXEXU:

https://www.mugeju.es/noticias/2022-04/alerta-llamadas-fraudulentas

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".