Saltar ao contido principal

DISPARATE DE CESAMENTO EN PONTEAREAS NÚM. 2

Non se sabe moi ben porque intereses espúreos unha praza de Tramitación de Ponteareas 2 ten que cubrise, si ou si, a través de comisión de servizos. Non queremos ser mal pensados, pero e que a decisión da administración autonómica esta cargada dunha parcialidade inaudita, que case está a rozar o tipo delictivo.

Ata este momento e, como consecuencia deste último concurso de traslados, en Ponteareas 2  había unha vacante no cadro de persoal. Dita praza saiu a comisión de servizos o pasado 30 de marzo de 2022. Ata aquí todo correcto e dentro da lexislación vixente. O que ocorre e que no día de hoxe retorna ao órgano unha Tramitadora titular que estaba en substitución no xulgado da Cañiza  e, no canto de que dita Tramitadora ocupe a praza vacante existente e quede xa o cadro de persoal ao completo, a administración autonómica teima en manter a praza que sacou en comisión de servizos e forza o cesamento dunha das interinas existentes no órgano. No canto de dictar unha nova resolución quitando, por cuestións sobrevidas, a praza de Ponteareas 2 das ofertadas en comisión de servizos, o que fai a administración e tomar parte interesada e  directamente a favor de quen poida solicitar dita comisión de servizos, cando na actualidade o cadro de persoal esta totalmente dotado e se estaría indo en contra do establecido na normativa vixente, pois a día de hoxe non habería vacantes nese órgano que tiveran que ser cubertas. Toda vez que as prazas de persoal interino nomeado en base ao artigo 18 da Orde de 4 de outubro de 2018 non son nominativas, o persoal interino non ten que cesar obrigatoriamente pola reincorporación dun titular concreto, se no órgano hai outra vacante que o titular pode ocupar, como sería o presente caso.

"O artigo 405 do Código penal, castiga á autoridade ou funcionario público que, no exercicio da súa competencia e a sabiendas da súa ilegalidade, propuxera, nomeara ou dera posesión para o exercicio dun determinado cargo público a calquera persoa sen que concorran os requisitos legalmente establecidos para iso, impoñendo unha pena de multa de tres a oito meses e suspensión de emprego ou cargo público por tempo dun a tres anos."

Que cada quen saque as súas conclusións.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".