Publicouse a Resolución do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet da Administración de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo).
En tanto non se habilite a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da solicitude xenérica (código PR004A), achegando o modelo que se inclúe como Anexo II, debidamente cumprimentado e asinado.Ligazón
Comentarios
Publicar un comentario