Saltar ao contido principal

A CIG NON VALIDA O ANTEPROXECTO DA NOVA LEI DE FUNCIÓN PÚBLICA ESTATAL

Na tarde do 1 de marzo celebrouse a reunión da Mesa Xeral de Negociación da Admon. Xeral do Estado (art, 36,3 TREBEP) e, convocados cunha antelación de menos de 24 horas, pedíasenos, sen a CIG ter o documento, que asinaramos sen máis o “borrador do anteproxecto de lei da función pública estatal”. Ao final o borrador do anteproxecto foi aprobado, como nón, cos votos a favor de CCOO e UGT e cos votos en contra da CIG, ELA e CSIF.
Temos que comezar denunciando a extratexia tanto da Administración como de CCOO e UGT de intentar vincular a Lei de Función Pública ao “Acordo Marco para una Administración del Siglo XXI”, asinado no mes de outubro con estas centrais sindicais. Esta lei está pendente de
desenvolver dende a aprobación do TREBEP, fai 15 anos. Se o goberno tramita esta lei o fai dun xeito precipitado para acollerse así aos fondos europeos.
Este anteproxecto de lei ven a refundir toda a dispersión normativa que regula a función pública
é, nunha porcentaxe menor, desenvolve novos puntos recollidos no TREBEP.
Se ben é certo que agora comeza un proceso de tramitación parlamentaria que presumiblemente modificará o texto, na folla informativa vos detallamos os cambios máis significativos prantexados no anteproxecto de lei.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1voBAwP3iYWc_qj7rIxRxGNuc6wf9bKe1/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr