Saltar ao contido principal

"O PESO DA XUSTIZA" E AS HUMIDADES NA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA



A CIG ven de reiterar a denuncia que fixo o pasado 23 de novembro de 2022, na que se comunicaba a filtración de auga polo tellado da Audiencia Provincial de Pontevedra, debido ás choivas e á falta de mantemento do mesmo. No seu día colocouse unha bolsa negra, a fin de evitar as filtracións de auga na cuberta do tellado da Audiencia, á que se lle puxo un ladrillo, a modo de contrapeso. Este sistema artesanal, máis ben propio dunha fabela, estaría xustificado nun primeiro momento puntual, a fin de evitar que seguira caendo auga, pero entendemos que despois de máis de dous meses, isto xa debería de estar arranxado. 

Ao día seguinte, segundo o correo electrónico remitido polo Xefe Territorial o  8/3/2023,  en relación co escrito presentado, informóusenos que a empresa adxudicataria do contrato de mantemento de edificios xudiciais (Ingesan) estaba realizando xa as xestións necesarias para solucionar este tema. Nos vindeiros días procederase á instalación dun andamio para executar a citada reparación do tellado do edificio. En fin, a ver se é certo e non se dilata máis ainda o arranxo do tellado dese edificio xudicial.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1jKiXeqHuJovc8eFQC0ImaYbmL_9vyrKe/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".