Dende a Central Sindical CIG, expúxemoslle á Dirección Xeral de Xustiza que, dado que as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de saúde máis importantes de todas as situacións de emerxencia, a reanimación cardiopulmonar representa o paradigma no que a ACTUACIÓN PRECOZ e con medios idóneos condiciona o prognóstico en canto á recuperación da vida e á minimización das posibles secuelas. Polo tanto, máis ala de que en cada sede xudicial haxa equipos defibriladores en número suficiente, máis importante é que as traballadoras/es coñezan o su manexo básico. En consecuencia solicitámoslle á Dirección Xeral de Xustiza que acordara facer máis edicións do curso teórico-práctico no uso de defibriladores externos e reanimación cardiopulmonar.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1-BUzLgJ1GK5yOMajStYbx_b1uEVuddf8/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario