Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL GALIZA - 09-03-2023

Este 9 de de marzo celebrouse Mesa Sectorial, cunha ampla orde do día, pero só con algunhas decisións firmes.
 

Protocolo de Acoso.- A parte social aceptamos o borrador que se presentou de novo cunha modificación, que foi a de retirar do documento que a D.Xeral cualifique, se se cumpren os criterios para ser considerado un caso de acoso, de xeito previo á fase de investigación, e co compromiso da Admón, a petición da CIG, de presentar o máis axiña posible un borrador de acoso sexual e por razón de sexo, que se uniría a este aprobado e conformaría un protocolo máis completo, ademáis do Plan de Igualdade.
 

Xulgados de Violencia.- Como onte foi 8 de marzo e tocaba facer declaracións a prol da muller, o Sr Rueda saíu na prensa para propoñer a creación dun xulgado exclusivo de Violencia para Santiago, que abranga as comarcas de Padrón, Negreira e Ribeira. Mentres tanto non hai demasiada proposta para que nos xulgados con competencia en violencia se amañe algo. Fixéronse propostas de horas extras, prolongacións semanais e a creación de dous xulgados en Vigo e na Coruña para poder facer unha garda. Outra proposta que fixo a Admón, e que a CIG apoiou, foi instar á Sala de Goberno para que se cumpran as normas de reparto e solicitar que non se remitan detidos máis alá das 13:00 horas.
Esperamos que na vindeira mesa se traian propostas en firme para aminorar no posible a situación que sofren os Xulgados de VIOXEN.
 

Formación.- Despois da petición reiterada de formación para o persoal, tanto titular como interino, que chega de novo a un xulgado sen coñecementos, a Xunta aceptou pagar prolongacións de xornada ao compañeiro/a ou compañeiros/as que o soliciten mediante o/a LAX. A CIG solicitou tamén que os escáneres dos Rexistros Civís sexan máis pequenos e
axeitados ao traballo para o que se precisan.

 INFORMACIÓN DO DIRECTOR XERAL:

Na Conferencia Sectorial co Ministerio tratáronse varios temas, entre eles:

 
- a dixitalización do R.Civil en cooperación co Ministerio.
- en canto a un posible plan de actuación cando remate a folga de LAX, a DX di que
se o Ministerio non o contempla tampouco o farán eles, porque xa o pagaron cando foi a folga de corpos xerais, para o que non recibiron, segundo eles, axuda do Ministerio.
- a creación dun protocolo de servizos dixitais entre o Ministerio e as CCAA para non
ter que estar entrando e saíndo dos diferentes programas á hora do seu emprego.
- na DX supoñen que o vindeiro ano o Ministerio autorizará a creación de 3 órganos
xudiciais, xa que se prevé a creación de 70 órganos en toda España; por parte da
Xunta se reiterarán os do ano pasado e o de Violencia de Compostela.
- comunicounos que se reunirá próximamente con AMTEGA para facer o reparto dos ordenadores portátiles que xa hai porque non é capaz de facelo a través das Secretarías de Coordinación.
- vanse dixitalizar todas as salas de vistas de Galiza.
- sobre as obras na Parda, estanse a realizar no soto, planta baixa e entreplanta.
- en canto a apertura do grao ordinario da traxectoria profesional, parece ser que a Xunta vai a modo e están a negociar as bases xerais da avaliación do desempeño, e mentres non rematen e establezan un sistema Xeral, vai ser difícil abrilo.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/18OyqRRpMqdRrYDbHyFHay-Ut3q91EDQZ/view?usp=sharing 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".