Saltar ao contido principal

APROBACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ACCIÓN SOCIAL 2023

Na comisión de Acción Social 2023 celebrada no día de hoxe 20 de xullo, aprobáronse as listaxes provisionais quedando repartidas da seguinte maneira:

Número total de solicitudes presentadas 132 correspondentes a 142beneficiarios/as, das que 125 son simples, 16 dobres e 1 triple.

As solicitudes admitidas provisionalmente foron 88, concedidasp rovisionalmente que se corresponden a 96 beneficiarios/as.

O número de solicitudes denegadas provisionalmente foron 43, correspondentes a 44 beneficiarios/as.

A maiores, sinalar que unha das solicitudes foi presentada por dúas persoas que se corresponden á mesma unidade familiar, das que unha foi provisionalmente aprobada e a outra provisionalmente denegada. 

A intención da DXX, e publicar a RESOLUCIÓN das listaxes provisionais no DOG no mes de setembro. 

Despois de comprobar os/as solicitantes a súa inclusión a través do OPAX, terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para formular as alegacións que consideren oportunas e emendar os defectos de exclusión provisional.

Sobre o pago da acción social a DXX, non ten unha data, só que se realizará antes de finalizar o ano 2023.

Tamén cabe sinalar, que respecto a aprobación da acta anterior, sinalámoslle á DXX, que faltaba nela o punto CINCO das nosas alegacións; punto que se refire ás axudas denegadas en anos anteriores que como consecuencia de resolución xudicial ou administrativa foran acollidas favorablemente polo que deberían ser abonadas con cargo a unha partida orzamentaria extraordinaria ou,  en todo caso aumentar a partida orzamentaria do ano correspondente. (aDXX, vai correxir a acta para que así conste).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".