Saíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 11 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 3 de xullo de 2023.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 14 de xullo), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1C1q3EyQSEIZu5s8xU7XFj97L2YvTTQPW/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario