Saltar ao contido principal

CONCURSO ESPECÍFICO MÉDIC@S FORENSES

Publicouse no DOG a Resolución do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a concurso específico de méritos a praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles (ata o 1 de agosto), contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a dita publicación non se faga de xeito simultáneo en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, na rúa Madrid, 2-4, 2º andar, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Posto de traballo convocado

Denominación: xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense.

Código do posto: XG9251820015770310.03.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Funcións: as previstas nos artigos 15 e 17 do Decreto 119/2005, do 6 de maio (DOG do 18 de maio), polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Requisitos: funcionario/a de carreira do corpo de médicos forenses en activo con cinco (5) anos de experiencia.

Formación específica: coñecementos e experiencia en valoración do dano corporal e psiquiatría forense. Coñecementos de informática: sistemas operativos, tratamento de textos, folla de cálculo, base de datos, internet e correo electrónico.

Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230717/AnuncioG0690-060723-0009_gl.pdf 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".