Publicouse no DOG do 10 de xullo a correción de erros da Resolución do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas da EGAP.
Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG número 96, do 23 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:
– Na páxina 31135, onde di: «6º. Terán dereito preferente a ser seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, non fixesen cursos por ter desfrutado dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou dunha excedencia para o coidado de familiares», debe dicir: «6º. Terán dereito preferente a seren seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, desfrutasen dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ou dunha excedencia para o coidado de familiares».l
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230710/AnuncioO150-050723-0002_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario