Saltar ao contido principal

CURSOS "REFORZA O TEU COÑECEMENTO"

Cada xoves, a partires do 11 de marzo, empeza unha nova edición, até un total de 10. Antes da data de apertura do curso que  corresponde ao teu órgano, a/o LAX comunicarache a data na que comeza. Tamén podes consultala no calendario que hai na intranet.

O curso "Reforza o teu coñecemento" permite que mellores o dominio dos procesos e sistemas que empregas no teu día a día e que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico. Esta iniciativa formativa conta con varias videoaulas impartidas por un titor/a, a quen poderás consultar todas as túas dúbidas sempre que o precises. Cando entres no curso, verás unha guía na que tes todas as indicacións sobre como seguilo. Recorda coller os teus auriculares antes de comezar!!!

Ligazón:

https://intranet.xustiza.gal/curso_reforzo_axe_2021

Ligazón calendario cursos A Coruña:

https://drive.google.com/file/d/1lHNao8TwWFGkRxepk6mkV7Ez8c-07tH8/view?usp=sharing

Ligazón calendario cursos Lugo:

https://drive.google.com/file/d/1-9fpemoZjrzsd0tGOhqGlp_ATpP1Myq0/view?usp=sharing

Ligazón calendario Ourense:

https://drive.google.com/file/d/1P5FNH8zFgt2Cjv1Nndcudux-BlfAdQup/view?usp=sharing

Ligazón calendario Pontevedra:

https://drive.google.com/file/d/1s3R9u80kg3Nl4wcvEG0CS_BmAsaN6g4J/view?usp=sharing  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".