Saltar ao contido principal

UTILIZACIÓN NOS XULGADOS DO REXISTRO "REAJ" PARA APODERAMENTOS APUD-ACTA

A fin de que por parte dos órganos xudiciais se deixe paulatinamente de empregar os obsoletos modelos de apoderamento apud-acta de Minerva, existe a plataforma informática do REAX (REAJ en castelán) para poder facer ditos apoderamentos on-line e que os mesmos queden xa debidamente rexistrados.

Nesta aplicación configúrase o acceso para os Letrados da Administración de Xustiza e tamén para os Xestores e Tramitadores procesuais da Oficina Xudicial que a Letrada/o da mesma determine, coas seguintes finalidades:

- Recoller os apoderamentos  apud-acta que se outorguen mediante comparecencia presencial na Oficina Xudicial.

- Levar a cabo a súa posterior inscrición no  REAX. 

- Consultar o outorgamento, vixencia, revogación ou renuncia dun apoderamento concreto por ser invocado nun expediente determinado ante calquera órgano xudicial.

A forma de acceso ao  REAX  é idéntica á que utilizan as Letradas/os para acceder ao resto das aplicacións utilizadas do Ministerio de Xustiza e da mesma forma, serán aquelas/es os que habiliten, revoguen, xestionen os accesos ao persoal da súa oficina. As solicitudes de alta ou cambio de destino canalizaranse a través da caixa de correos gestionusuarios.regad@mjusticia.es. 

Lembrar que para ara poder acceder ao REAX os usuarios deben estar rexistrados previamente no sistema de "Gestión de Usuarios de la Administración de Justicia (GdU)". Segundo se nos informou por dito servizo de xestión de usuarios, todas as letradas/os que estiveran en decembro de 2016 exercendo nunha unidade xudicial están dados de alta en GdU para REAX.

Para a Xestión de Usuarios:

https://cas.justicia.es/cas/login?service=https%3A%2F%2Fgdu.justicia.es%2FGestionUsuarios%2Fj_spring_cas_security_check

 

Os accesos para os apoderamentos apud-acta realizarase do seguinte modo:

Letradas/os da Administración de Xustiza: 

https://administraciondejusticia.gob.es/paj/privado

Xestores e Tramitadores Xudiciais:

https://reaj.redsara.es/reajusticia/

 

Ligazón tutorial de manexo REAX:

https://drive.google.com/file/d/1CpF6Gu1U42fVw1MLIpSRl7Xn60hWNYbp/view?usp=sharing

 

 




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".