Saltar ao contido principal

SANIDADE CONTESTA SOBRE A VACINACIÓN E CRITERIOS DE AILLAMENTO

A CIG ven mantendo desde setembro do ano pasado comuncacións coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza, a fin de que pola mesma se nos aclararán determinados aspectos relacionados tanto coa realización das probas PCR, a vacinación do colectivo de mutualistas de MUGEJU con/sen enfermidades de risco, así como os diferentes criterios de aillamento aplicados ante un positivo detectado nun órgano xudicial.

Ante o novo escrito remitido o pasado 25/01/2021 (abaixo tedes a ligazón do mesmo), a Secretaría Xeral remitiunos este pasado 3 de marzo unha contestación onde intentan dar resposta as dúbidas trasladadas desde o noso sindicato. Se ben é unha contestación bastante concreta non é menos certo que nada indican sobre o erróneo funcionamento detectado na realización de probas PCR no caso de positivos ou contacto con positivos,  en mutualistas adscritos aos servizos privados de saúde. Agardamos que polo menos teñan tomado nota da problemática e a mesma se corrixa e non se volvan a producir ditas eivas e retrasos.

Ligazón escrito remitido Consellería Sanidade:

https://drive.google.com/file/d/1PU9rCRRbMJHksWHtQUN0MXCRfmyAoxfN/view?usp=sharing

Ligazón contestación Consellería Sanidade:

https://drive.google.com/file/d/1bxprh04Op-orhBsCgKORe1FsfNMIrxMT/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".