Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DO DIA 31 DE XANEIRO

Ao remate da reunión co Sr. Conselleiro de Presidencia Admóns Publicas e Xustiza e logo de presentar unha Plataforma reivindicativa UNITARIA os Sindicatos repartimos de forma conxunta a seguinte NOTA INFORMATIVA:

CSI-CSIF CCOO UGT CIG SPJ-USO

Onte, xoves 31 de xaneiro, e a petición de todas as Centrais Sindicais ante o gravísimo deterioro laboral e económico que estamos a sufrir os empregados públicos da administración de xustiza en Galicia, celebrouse a Mesa Sectorial de Xustiza coa asistenza do Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Como primeira cuestión os Sindicatos, de xeito conxunto, esiximos unha explicación pola falta de pago dos 20 € pactados no Acordo retributivo 2006/2008, xa que logo non estabamos dispostos a aceptar outra cousa que non fose o xa negociado.

Ante a presión sindical, o Conselleiro retirou a inaceptable proposta de reparto dos cartos que a Dirección Xeral de Xustiza traía a Mesa e, de seguido, comprometeuse a consensuar unha nova coas organizacións sindicais ao longo deste mes de febreiro, que, en calquera caso, tivese carácter lineal e retroactivo a 1 de xaneiro.

Ademais, o Conselleiro aceptou establecer un calendario de negociación para tratar as propostas da Plataforma Sindical Unitaria, que nese mesmo acto as cinco Centrais Sindicais lle entregamos, e entre as que se atopa a reivindicación dun novo acordo retributivo para o ano 2009. Para iso, a Dirección Xeral de Xustiza deberá convocar a primeira Mesa Sectorial este mesmo mes. O propio Conselleiro, ante a insistencia de todos os sindicatos, aceptou que o calendario de negociación terá que ser estable co fin chegar a un novo Acordo antes do verán. Acordo que deberá recoller todas as nosas demandas laborais e económicas


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr