Faro de Vigo 26/02/2012. Entrevista ao Maxistrado do Social de Pontevedra D. Fernando Cabezas.
Preocúpalle o elevado grao de discrecionalidade que outorga a nova reforma laboral aos empresarios e a posible indefensión dos traballadores. A súa experiencia ao fronte dun xulgado do Social lle ten permitido constatar que non sempre as causas obxectivas dun despido son tal e que, en non poucas ocasións, as rescisións de contrato esconden motivos extralaborais.
- Os sindicatos falan "dos maiores recortes de dereitos laborais da época democrática" e "dun retroceso de 30 anos" nas relacións no traballo, ¿comparte esta valoración?
– Teñen a súa parte de razón. No que son as relacións laborais desapareceu a intervención, a tutela da administración, por exemplo, nos despidos (antes os colectivos tiñan unha tramitación administrativa que agora non) que actuaba como filtro. Os sindicatos perden forza en relación aos empresarios. A regulación de convenios superiores, que marcan as directrices, perden peso e impóñense os de empresa. O equilibrio que había entre patronal e suxeitos colectivos decantouse claramente cara un lado (empresarios). Deixase nas mans do empresario decisións moi importantes, que antes tiñan límites, como modificar o salario. É un risco. Ese retroceso á hora de limitar facultades negociadoras existe.
– ¿Qué perden os traballadores con esta desregularización?
– Perden seguridade. A lei decántase pola flexibilidade. Falamos da mobilidade dos traballadores, dos salarios, das funcións… Os xulgados do Social quedan como recurso para evitar que as facultades dos empresarios no centro de traballo non se convirtan nun abuso. Son situacións que antes tiñan un maior control por parte dos xulgados porque a discrecionalidade dos empresarios era menor. Agora a liberdade do empresario é moito máis grande e o risco maior.
– Goberno e empresarios falan dunha reforma equilibrada, ¿En qué aspectos o sería? ¿Cales son os seus beneficios?
– O conflicto entre sindicatos-traballadores e empresarios existe xa que hai unha parte débil e outra poderosa e iso non é equilibrio. Entendo que a finalidade da reforma é positiva –o fomento das contratacións– pero tamén entendo que non se vai a cumprir, ogallá me equivoque, por dúas razóns. A primeira, porque para crear emprego tería que haber políticas de crecemento e o Goberno está a dicir que entraremos en recesión. Parece que non encaixa o de crear traballo cando no hai crecemento. A segunda, o abaratamento do despido e a facilidade para facelo, tampouco creo que anime a crear emprego. Hoxe por hoxe falamos de boas intencións; que se traduzan en realidades o tempo o dirá.
– Abaratase o despido e os ERE xa non deben pasar o control da autoridade laboral ¿prevé una cascada de casos nos xulgados do Social ou a xente irase á rúa en silencio?
– Desde a perspectiva de Pontevedra vimo tendo e arrastramos xa un volume moi grande de rescisións laborais. A actual reforma profundiza en aspectos que xa existían antes. Unha empresa con problemas económicos podía despedir e facelo con vinte días, ¿qué pasaba? Que as empresas comunicaban mal, non viñan aos xulgados a demostrar esas causas e preferían aceptar que eran despidos improcedentes. Se unha empresa de 20 traballadores para que se manteña ten que despedir a cinco, faise. Pero agora vaise a producir unha situación moi complicada de entender para os traballadores: antes podían asumir que fose necesario, pero agora pódente despedir porque vou a gañar menos. Traballo aquí todos os días, cumpro e porque ti gañas menos eu téñome que ir á rúa. Paréceme una ofensa que un empresario que gañaba 3.000 millóns, porque agora gañe 2.500 poida ter unha razón para despedir. Non sei como responderán os afectados.
– ¿Qué pode facer un traballador ante esta realidade?
– Pouco. Agora os empresarios poden despedir sen problemas. Eu escoitei a un dirixente da patronal dicir que a causalidade existe, que non falan dun despido libre. Deixaba entrever que tiña que existir unha causa para o despido e que podía ser contrastada por un tribunal. Pero, escoitando a uns e a outros, todo se desdibuxa.
– Antes os empresarios estaban interesados en solucionar as rescisións laborais, tiñan presa, porque alongar o proceso costáballes cartos. ¿Cree que a eliminación dos salarios de trámite deixará aos traballadores nun limbo?
– Vai crear un escenario de conflicto distinto. Os traballadores perden unha arma de negociación e por iso tamén hai xente que aventura una desincentivación dos traballadores de acudir aos tribunais.
– ¿Discrepa dos augurios que apuntan a que os xulgados vanse a colapsar a curto prazo?
– Os despidos colectivos vanse a ver nas Salas dos Tribunais Superiores, aquí no TSXG. Os individuais seguirán en mans dos xulgado do social ¿Aventurar un pronóstico? O tempo despexará a incógnita, pero de seguro recorreranse os despidos e os tribunais teremos máis dificultade en atopar a causa.

Comentarios
Publicar un comentario