Como sabedes, o pasado día 24 de outubro publicouse a convocatoria da nova bolsa de letrados/as substitutos/as. Este novo texto recolle non só as normas de solicitude e funcionamento da bolsa ordinaria (na que hai un prazo de 15 días para presentar a instancia) senón que recolle a posibilidade de crear unha “bolsa urxente” con persoal do corpo de xestión, establecendo un prazo de 10 días para solicitar a inclusión nela.
Nunha reunión celebrada hoxe en Madrid a CIG criticou a improvisación coa que se está a tratar este tema porque quedan moitas cuestións sen aclarar estando xa aberto o prazo de solicitudes.
Así, por exemplo, o Ministerio remitiu ás OOSS unhas intrucións nas que se indica que “ a persoa interesada poderá identificar os partidos xudiciais nos que estea interesada en traballar”. Esta información é novidosa, e a CIG está completamente a favor, pero a estas alturas hai xa moita xente que remitiu a solicitude sen esa opción. Nese sentido, quedaron de aclarar esta cuestión e enviar unhas intrucións máis precisas.
No que non estamos dacordo é co mecanismo de preferencia que reflicten as mencionadas instrucións senón que propoñemos que, de producirse cesamentos antes dos 6 meses e, debido ao gravoso que resulta para o persoal de xestión pedir a excedencia e perder o seu posto de destino, que se manteña a preferencia desa persoa para os vindeiros nomeamentos na localidade, tal e como acontece noutras substitucións ou interinaxes.
O que si aclararon é que se pode solicitar a inclusión nestas bolsas de urxencia en máis dunha provincia, cousa que non sucede coas ordinarias.
O Ministerio remitirá unhas novas instrucións aclarando estas e outras cuestións, como por exemplo quen debe achegar o certificado de non atoparse suspendido/o por expediente
disciplinario.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1xXrOdVoauPjETW8GdO85ubandIYgo7IA/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario