Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE GALIZA - RPT'S FISCALÍA E IMELGA - TRAXECTORIA PROFESIONAL

Hoxe celebrouse a Mesa Sectorial de Xustiza na que, por unha banda, aprobáronse as modificacións das RPT'S de Fiscalía e Imelga, a fin de adaptalas as prazas que se decidiron crear  este ano e, por outra banda, rematouse a negociación do novo acordo da traxectoria profesional. 

Se ben e certo que a adminstración modificou determinados aspectos do borrador inicial, a negociación estivo moi condicionada polo acordo que se estaba a tramitar en autonómica, de aí que pouca modificación se puido acadar nos tramos de pagamento da traxectoria e na redución de anos para consolidar os distintos graos. O ofrecemento final da administración foi manter as mesmas porcentaxes que no acordo autonómico de 60-80-100%. 

O máis salientable do acordo foi acadar, dunha vez por todas, a igualdade entre todas as traballadoras/es da Administración de Xustiza; o que este acordo ven a subsanar, despois de dous anos de espera, provocados polos sucesivos recursos de apelación e casación interpostos pola Dirección Xeral de Xustiza contra as múltiples reclamacións prantexadas pola CIG que, en todo caso, non cabe dúbida serviron de panca para forzar esta nova negociación. 

Así mesmo vaise poñer en marcha o grao II, que terá efectos retroactivos de 01/01/2022, activarase o grao I excepcional para as traballadoras/es que se incorporaron a Galiza a partir de 2021 e, finalmente, permitirase solicitar o grao II, nun prazo especial, naqules casos nos que se obtivera o grao I por medio de sentenza xudicial. Agora quedará a fase da negociación das distintas resolucións que deben poñer en marcha todas estas fases, incluído o sistema ordinario de acceso á traxectoria profesional, do que informaremos puntualmente cando se abra dita negociación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".