Saltar ao contido principal

REAL DECRETO-LEI 18/2022 - UNHA GOLOSINA PARA ENGANAR A FAME

Publicouse no BOE o Real Decreto-lei 18/2022, do 18 de outubro, polo que se aproban medidas de reforzo da protección dos consumidores de enerxía e de contribución á redución do consumo de gas natural en aplicación do "Plan + seguridade para a túa enerxía (+SE)", así como medidas en materia de retribucións do persoal ao servizo do sector público e de protección das persoas traballadoras agrarias eventuais afectadas pola seca.
 
Concretamente no artigo 23 recóllese:


"...Artigo 23. Incremento retributivo adicional do persoal ao servizo do sector público para o ano 2022.

1. Adicionalmente ao disposto nos capítulos I e II do título III da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, e demais preceptos concordantes, con efectos do 1 de xaneiro de 2022 as retribucións do persoal ao servizo do sector público experimentarán un incremento adicional do 1,5 por cento respecto a as vixentes ao 31 de decembro de 2021.

2. Ese incremento adicional efectuarase nos mesmos termos dispostos polo artigo 19.Dous, e seguirá as seguintes regras:

1.ª Aplicarase sobre as retribucións vixentes o 31 de decembro de 2021, de forma que a suma de ambos consolidará, en todo caso, un incremento retributivo global máximo para o exercicio 2022 do 3,5 por cento.

2.ª Materializarase na nómina do mes de novembro de 2022, abonándose como atrasos o incremento correspondente aos meses de xaneiro a outubro deste ano.

3.ª No ámbito das comunidades autónomas e entidades locais terase que materializar o pago antes do 31 de decembro de 2022 e, en todo caso, con anterioridade ao 31 de marzo de 2023..."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".